Teño que compartir esto que fixen, non podo esperar...
Nah... unha tropelía máis. Un abuso de confianza total cun amigo blogueiro de sempre.
Chousa, espero que che guste. A todos. Sorrisos ou gargalladas, dá igual....
Eu disfruteino un montón, así que, que me quiten o cantado recantado e toqueteado...
Conxugando un texto de Chousa e as miñas voces e golpeteos de mesa no audacity saiu esta cousa á que bauticei "Axustando a medida"
Teño que dicir que me gustou moito este texto que fala de proporcións e perspectivas, dúas cousas ás que eu lle dou moitas voltas e reviravoltas...
Moitos dos que por aquí veñen coñecen a Chousa, e xa sabedes que é canteiro.... e gaiteiro tamén. Imaxínoo cantando este himno mentres repiquenea co mazo nas pedras, dándolles simetría e proporción, axustando a medida e sacándolles, en definitiva, toda a semántica posible. Se cadra é Chousa un dos mellores sacasemánticas que coñezo. Véxoo capaz de muxir as pedras. Sip.
Vai por tí Chousa. Espero perdoes este experimento dunha que non sabe nada, pero NADIÑA, de música.
A intención é a lúdica-festiva, xa sabes.
Róuboche a foto para ilustrar este audio sen precedentes.....